COFOURENSE

Estatutos

Estatutos

Estatutos del Colegio Oficial de Farmacéuticos de Ourense

Anexo

Estatutos do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense

O exercicio das profesións colexiadas como a que desenvolven os licenciados en farmacia debe axustarse ás novidades introducidas pola Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais. Esa é a razón fundamental que xustifica a modificación dos Estatutos do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense.

Como os cambios afectan moi diversas cuestións, por razóns sistemáticas e de técnica xurídica considerouse preferible aprobar uns novos estatutos, en lugar de facer unha modificación parcial dalgúns preceptos illados.

Na elaboración deste texto outorgouse especial relevancia ao rexistro de colexiados, estruturando a súa organización, determinando o réxime xurídico dos asentos de rexistro e identificando o responsable da súa xestión. Se ben é certo que respecto ás cues- tións de rexistro se descende a un considerable grao de detalle, e que esa regulación pormenorizada se podería ter remitido a outras normas internas do colexio de inferior rango, tendo en conta a relevan­cia das novidades en materia de sociedades profe­sionais, optouse por incorporar aos estatutos unha regulación completa e detallada sobre a materia.

Por outro lado, en cumprimento do establecido na disposición adicional sexta da Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais, e tendo en conta o disposto no artigo 103.4° da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, estes estatutos reflicten as limitacións das actividades profesionais que no ámbito farmacéutico poden exercer as sociedades profesionais. Posto que a Lei 2/2007 non modifica o réxime de titularidade das oficinas de farmacia, e como a lexislación sanitaria establece que só as persoas físicas poden ser titulares e propietarias dunha oficina de farmacia, estes estatutos incorpora ao seu texto esas decisións do lexislador.

A inscrición da sociedade profesional no rexistro colexial non implica en ningún caso a adquisición por esta dos dereitos políticos establecidos nestes estatutos e no regulamento de réxime interior.

Disposicións Xerais

Artigo 1°.-Natureza do Colexio Oficial de Farmacéuticos.

1. O Colexio Oficial cle Farmacéuticos da Provincia de Ourense. constituído con carácter representativo e estrutura democratica, é unha corporacion de dereito público, recoñecido e amparado polo artigo 36 da Constitución e regulado pola lexislación estatal sobre colexios profesionais, así como pola Lei 11/2001, do 18 de setembro, cle colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia, que ten personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fíns, con independencia das distintas administracións publicas, das cales non forma parte, sen prexuizo das relacións que con elas lle correspondan.

2. O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense rexerase polo disposto na lexislacion estatal e autonómica de colexios profesionais, por estes estatutos, así como polos regulamentos de réxime interior que, de ser o caso, se aproben, os cales non poderán ir contra o disposto nestes estatutos.

3. A participación dos colexiados na organización e funcionamento do colexio realizarase mediante o exercicio dos seguintes dereitos:

a) O dereito ao sufraxio activo e pasivo para a elección dos membros dos organos de goberno, de acordo con estes estatutos.

b) O dereito a promover actuacións dos organos de representación e goberno, por medio de iniciativas formuladas nos termos previstos estatutariamente.

c) O dereito a crear agrupacións representativas de intereses específicos, con sometemento, de ser o caso, aos órganos de goberno do colexio.

d) O dereito a participar na deliberación na asamblea xeral, con pleno dereito a votar en todas as decisións que sexan da sua competencia.

Artigo 2°.-O ámbito territorial e subxectivo.

1. O ámbito de actuación deste Colexio Oficial de Farmacéuticos sera a provincia de Ourense, na cal non se poderá crear outro da mesma profesion.

2. O colexio esta integrado tanto polos licenciados en farmacia como polas sociedades profesionais, que exerzan a profesion nalgunha das modalidades autorizadas na lexislación e nestes estatutos dentro da provincia de Ourense, e teñan o seu domicilio profesional único ou principal no ambito territorial desta provincia, sen prexuizo do disposto para os casos de exercicio profesional ocasional.

Artigo 3°.-A denominación e sede do colexio.

1. A denominación oficial é a de Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense ou Colegio Oficial de Farmacéuticos de la Provincia de Ourense.

2. O seu domicilio social esta na cidacle de Ourense, sen prexuizo de que ocasionalmente poidan ter lugar reunións dos órganos de representación e goberno en lugares distintos da sede colexial.

Artigo 4°.-A representación do Colexio nas relacións interprofesionais.

1. No ámbito autonómico, O Colexio Oficial de Famacéuticos da Provincia de Ourense estará representado e coordinado polo Consello de Colexios Oficiais de Farmacéuticos da Comunidade Autonoma de Galicia, no suposto da sua creacion. No ámbito estatal e internacional estarao polo Consello Xeral de Colexios Oficiais cle Farmacéuticos de España.

2. As relacións entre O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Españia, O Consello Autonómico, no suposto da sua creación, e O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense desenvolveranse atendendo aos principios de solidariedade e unidade profesional, cooperacion, colaboración e coordinación.

Os Fíns e as funcións do Colexio

Artigo 5°.-Os fins do colexio.

E fin esencial do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense a ordenacion do exercicio da profesión dentro do marco legal respectivo, a representación dela e a defensa dos intereses profesionais dos colexiados. Ademais, terá os seguintes fins:

1.Velar pola satisfacció dos intereses xerais relacionados co exercicio da profesión.

2.Lograr a constante mellora do nivel de calidade da prestacion profesional dos colexiados, promovendo a sua formación e perfeccionamento.

3.Cooperar na mellora dos estudos que conduzan á obtención de titulos que hahiliten para o exercicio da profesión.

4.Colaborar coas administracións publicas no exercicio das suas competencias, nos termos previstos na lexislación vixente.

Artigo 6°.-As funcións do colexio.

Correspondelle ao Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense, no seu ámbito territorial, o exercicio das funcións que lle atribue a lexislación vixente na materia, e en concreto o artigo 9 da Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autonoma de Galicia. Sen prexuizo do anterior, estanlle atribuidas especificamente as seguintes:

1. Ordenar no marco das leis e no ámbito da sua competencia o exercicio da profesión, velando pola deontoloxía e a dignidade profesional, vixiando o cumprimento das disposicións reguladoras do exercicio profesional nas suas diversas modalidades.

2. Cooperar cos poderes publicos na promoción do dereito a saúde e colaborar coas administracións públicas do seu ámbito territorial, para o cal se poderan subscribir acordos ou convenios no marco da normativa vixente.

3. Vixiar e facer cumprir toda a lexislación que afecte a profesión farmacéutica, para tal fin poderá crearse unha comision deontolóxica e dotarse dun servizo de inspección colexial.

4-. Exercer as competencias que lle sexan atribuidas pola lexislación ou delegadas pola Administración.

5. Estimular a promoción cientifica, cultural, laboral e social da profesión, fomentando a solidariedade e o progreso profesional dos farmacéuticos colexiados.

6. Fomentar a investigación, para o que se poderán instalar laboratorios con fíns docentes e formativos da práctica profesional e para a práctica de análise. O colexio poderá poner eses laboratorios a disposición dos colexiados para que efectuen unha ou varias fases da elaboración de fórmulas maxistrais.

7. Editar todaa clase de publicacións relacionadas co colexio ou coa profesion.

8. Posuir no seu ámbito a representación e defensa daa profesión ante a Administración, institucións, tribunais, entidades e particulares, con lexitimación para ser parte en cantos litixios e eausas afecten os intereses profesionais e fins do colexio, para o que podera outorgar poderes para a sua representación e defensa de conformidade coas leis.

9. Participar nos órganos consultivos e comisións das administracións publicas territoriais cando estea previsto nas disposicións aplicables ou naquelas que o requiran.

10. Colaborar coas administracións, xulgados e tribunais mediante a realización de estudos, emision de informes, ditames, elaboracion de estatisticas e outras actividades relacionadas cos seus fíns.

11. Adoptar as medidas que conduzan a evitar a intrusión profesional e a competencia desleal entre profesionais.

12. Constituir comisións no seo do colexio para as distintas modalidades de exercicio profesional.

I3. Exercer a potestade disciplinaria sobre os colexiados, cando infrinxan os deberes profesionais ou as disposicións legais reguladoras do exercicio profesional no seu ámbito territorial. Asi mesmo, exercera a potestade disciplinaria sobre os colexiados ocasionais polas actuacións profesionais que estes realicen no seu ámbito territorial.

14. Elaborar os orzamentos do colexio e fixar as cotas de colexiación, ordinarias e extraordinarias, fixas ou variables e derramas que deben satisfacer os colexiados, asi como as contraprestacións pecuniarias que deben aboar por actuacións que realice o colexio.

15. Intervir, logo de solicitude, en via de conciliación ou arbitraxe, en cuestións que por motivos profesionais susciten entre colexiados, así como naquelas que, promovidas entre colexiados e terceiros, sexan sometidas para a sua resolución.

16. Organizar e prestar cantos servizos e actividades de asesoramento cientifico, tecnoloxico, xuridico, administrativo, laboral e fiscal ou de calquera outra natureza fosen necesarios para a mellor orientación e defensa dos colexiados no exercicio profesional e non no ámbito particular e privado.

17. Realizar, respecto do seu patrimonio, e sen exclusión, toda clase de actos de disposición, administración e gravame, coa autorización da asemblea xeral.

18. Establecer acordos de cooperación cos demais colexios, consellos de colexios e Consello Xeral de Colexios, tanto no ámbito da profesión farmacéutica como nos doutras profesions tituladas, así como concellos, deputacións e outros organismos.

19. Establecer e regular, se é o caso, a publicidade que poidan realizar os colexiados nas modalidades de exercicio da profesion que sexan susceptibles de facela, sen prexuizo da normativa reguladora en materia de publicidade sanitaria.

20. Regular as autorizacións de rutulos e carteis anunciadores e indicadores de oficinas de farmacia, co fin exclusivamente de facilitar a sua localización polos usuarios.

21. No marco da normativa vixente, ordenar, regular e velar polos horarios oficiais que con caracter de minimos e maximos se establezan para a apertura e peche das oficinas de farmacia con facultade para exixir o seu cumprimento e organizando as correspondentes quendas de urxencia, así como as de vacacións, co fin de garantir en todo momento a continuidade na prestación asistencial e sanitario-farmacéutica a comunidade.

22. Xestionar, efectuar, tramitar e presentar como órgano de representación exclusivo dos intereses profesionais da totalidade dos farmacéuticos titulares propietarios das oficinas de farmacia, sempre que se axuste a legalidade vixente na materia, a facturación e liquidación polas dispensacións de medicamentos e os demais produtos sanitarios efectuados polas oficinas de farmacia ao sistema nacional de saude e as demais entidades concertadas.

Corresponderalles unicamente aos titulares propietarios das oficinas de farmacia coñecer, debater e aprobar o texto en que se fixan as condicións establecidas para a prestación farmacéutica, a través das oficinas de farmacia, que se poidan concertar coa Administración sanitaria ou con outras entidades.

Para estes efectos, a convocatoria para a sua aprobacion ira dirixida unica e exclusivamente a este grupo de colexiados persoas fisicas.

23. Autorizar o nomeamento de directores técnicos, substitutos, adxuntos e rexentes das oficinas de farmacia, así como das restantes modalidades de exercicio profesional de acordo coa normativa vixente en cada caso.

24. Redactar e aprobar, coa autorización da asemblea xeral, os regulamentos de orde interna que se estimen convenientes para o bo funcionamento do colexio en canto que non se opoñan ao disposto nestes estatutos.

25. Facilitarlles aos colexiados os libros receitarios, de estupefacientes e, en xeral, todos aqueles impresos que sexan necesarios para a boa marcha do seu exercicio profesional.

26. Tomar nota dos titulos de licenciado en farmacia, doutor, especialista, así como dos diplomas de cursos de formación e deixalos anotados nos conseguintes libros de rexistro.

27. Participar coas facultades de farmacia no desenvolvemento das prácticas tuteladas, realización de cursos de especialización e formación continuada dos farmacéuticos, colaborando, se é o caso, na elaboracién dos plans de estudo.

28. Facilitar, asegurar, manter e xestionar a infraestrutura de rede, o equipamento tecnolóxico e a seguridade necesaria das oficinas de farmacia para permitir a sua integración na rede sanitaria da Conselleria de Sanidacle co obxecto de realizar a prestación farmacéutica de forma electrónica.

29. Subministrar a sinatura dixital electronica aos seus colexiados para permitir a sua autenticación como profesionais sanitarios.

30. Velar por que os colexiados cumpran a lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

31. As demais que estean previstas nas leis ou poidan ser delegadas ou encomendada polas administracións públicas no seu ámbito territorial.

A Incorporación ao Colexio

Artigo 7°.-A colexiación.

1. A colexiacion perfecciónase e lexitima para o exercicio da actividade profesional cando, ademais de ser admitido o solicilante, se practique a inscrición no rexistro do colexio.

2. Con caracter xeral, para as persoas fisicas sera requisito indispensable para o exercicio da profesión farmacéutica na provincia de Ourense, en calquera das suas modalidades, estar en posesion do título universitario de licenciado en farmacia, así como a plena incorporación a un colexio oficial de farmacéuticos do territorio nacional. Para o caso das sociedades profesionais observarase o disposto na súa lexislación sectorial, sen prexuizo do establecido nestes estatutos.

3. A colexiación dunha sociedade profesional non exime da obrigatoria colexación das persoas fisicas, polo que tamén deberán ter a sua propia colexiación os socios profesionais que formen parte dela, asi como os profesionais non socios que actuen pola sociedade.

4. Para os efectos de exixirse a colexiación obrigatoria con carácter previo ao inicio da correspondente actividade, entenderase que exerce a profesión a persoa física licenciada en farmacia que realice calquera das actividades que o ordenamento xurídico determine como propias da profesión farmacéutica.

Para o caso das sociedades profesionais, entenderase que exerce a profesión a sociedade que realice algunha das seguintes actividades:

a) Análises clínicas.

b) A docencia e investigación.

c) A distribución de medicamentos.

d) lndustria.

e) Óptica oftálmica, Optometría e acústica audiométrica.

5. Os profesionais titulados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da Administración a que pertenzan, cando o seu destinatario inmediato sexa esa Administración.

6. Para exercer a sua profesió no ámbito territorial da provincia de Ourense, os farmacéuticos nacionais dun Estado membro da Unión Europea deberán incorporarse ao Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense nos mesmos termos que os que teñan nacionalidade española.

7. Asi mesmo, os nacionais de estados non membros da Unión Europea deberán cumprir os requisitos establecidos nestes estatutos, de ser o caso, proceder á validación de títulos universitarios e cumprir os demais requisitos establecidos pola lexislación vixente para a súa incorporación a este colexio, ademais de ter o correspondente permiso de residencia.

8. Para a súa incorporación ao colexio e ao exercicio da profesión en calquera das súas modalidades, os farmacéuticos a que se fai referencia nos números 5 e 6 deste ártigo deberán acreditar o coñecemento dalgunha das linguas oficiais da comunidade autónoma. No caso das sociedades profesionais, deberán achegar esa documentación respecto ás persoas físicas que desenvolvan labores de atención ao público.

Artigo 8°.-A solicitude e os requisitos xerais para a colexiación.

1. Na solicitude de colexiación o interesado deberá especificar a concreta actividade ou actividades que vaia desenvolver.

2. Para a admisión no Colexio Oficial de Farmacéuticos, xunto á instancia solicitando a colexiación, acreditarase o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou dalgún dos estados membros da Unión Europea. No caso dos nacionais doutros Estados, só procederá a admisión en caso de que exista reciprocidade e recoñezan ese mesmo dereito aos que teñen nacionalidade española.

b) No caso das persoas físicas, estar en posesión do título de licenciado en farrnacia e, se é o caso, dos títulos, diplomas e documentos que legalmente o habiliten para o exercicio da modalidade ou especialización correspondente. O título de doutor en farmacia, non acompañado do correspondente título de licenciado en farmacia, non habilitará nin facultará para o exercicio profesional. Para os nacionais dun Estado membro da Union Europea, en canto a diplomas, certificados e outros títulos, observarase o disposto na lexislación vixente, e igualmente para nacionais de estados non membros da Union Europea.

c) Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

d) Declaración xurada de carecer de antecedentes que inhabiliten para o exercicio profesional.

e) Acreditar fielmente os títulos ou nomeamentos civís, laborais ou administrativos que en cada caso xustifiquen o tipo de exercicio para o que se solicita a colexiación, de conformidade cos requisitos exixidos.

f) Acreditar fidedignamente a sua identidade.

g) Cando se trate dunha sociedade profesional, deberá acreditar ademais a previa inscricion no Rexistro Mercantil, achegar unha copia fidedigna dos seus estatutos e acreditar a colexiación dos que sexan socios profesionais da persoa xuridica. Ademais, deberá achegar unha copia fidedigna da póliza de seguro de responsabilidade civil que contratase.

3. Cando o solicitante proceda doutro colexio 0ficial de farmacéuticos, deberá acompañar un certificado do colexio de procedencia acreditativo de:

a) Baixa colexial.

b) Modalidades de exercicio profesional ou especializacións da profesión das cales teña constancia.

c) Que estea ao día no pagamento das cotas colexiais.

d) Que non se Ile impuxese sanción disciplinaria firme de expulsión ou de encontrarse suspenso no exercicio da profesión.

Artigo 9°.-As modalidades de colexiación.

Segundo as particulares circunstancias que concorran en cada caso, na incorporación ao colexio distinguiranse as seguintes modalidades:

1. Por razón da actividade: exercente ou non exercente.

2. Por razón da natureza do suxeito persoas físicas ou persoas xurídicas, exclusivamente no caso das sociedades profesionais constituidas conforme a Lei 2/2007, do 15 de marzo.

3. Por razón do sector de actividade profesional, nunha ou varias das seguintes actividades, segundo proceda:

3.1. No caso dos colexiados persoas físicas:

a) Titularidade e propiedade dunha oficina da farmacia, con independencia de que a titularidade e propiedade sexa individual ou en réxime de titularidade e propiedade conxuntas.

b) Adxuntos, substitutos ou rexentes de oficinas de farmacia.

c) Alimentación

d) Dermofarmacia.

e) Análises clínicas.

f) A distribución de medicamentos.

g) Industria.

h) A docencia ou a investigación.

i) Óptica oftálmica, optometría e acústica audiométrica.

j) Ortopedia.

k) Servizo farmacéutico de hospital.

l) Atención primaria.

m) Titular, de saúde pública, ou na Administración.

n) Fitoterapia ou homeopatia

3.2. No caso das sociedades profesionais:

a) Análises clínicas.

b) A docencia ou a investigación.

c) Industria

e) Óptica oftálmica, optometría e acústica audiométrica.

Artigo 10°.-Os colexiados exercentes e non exercentes.

1. Serán colexiados exercentes as persoas físicas que desempeñen unha actividade profesional en calquera modalidacle para a que os faculte o seu título universitario de licenciados en farmacia, a as sociedades profesionais nos termos establecidos na súa lexislación sectorial e nestes estatutos.

2. Son colexiados non exercentes aqueles farmacéuticos que, estando colexiados, non axercen ningunha actividade profesional para a que os faculta 0 seu titulo universitario de licenciado en farmacia. A súa incorporación e pertenza ao colexio será voluntaria mentres persista esta situación.

Artigo 11°.-A concreta actividade profesional das persoas físicas.

1. As persoas físicas que se incorporen como exercentes poderán inscribirse nalgunha das seguintes subseccións do rexistro:

a) Titularidade e propiedade dunha oficina da farmacia, con independencia de que a titularidade e propiedade sexa individual ou en réxime de titularidade e propiedade conxuntas.

b) Adxuntos, substitutos e rexentes de oficinas de farmacia.

c) Alimentación.

d) Dermofarmacia.

e) Análises clínicas.

i) A docencia e a investigación.

g) Distribución.

h) Industria.

i) Óptica oftálmica, optometría e acústica audiométrica.

j) Ortopedia.

k) Servizo farmacéutico de hospital.

l) Atención primaria.

m) Titular, de saúde pública, ou na Administración.

n) Fitoterapia ou homeopatia.

2. Só os farmacéuticos colexiados que sexan persoas físicas poderán ser titulares e propietarios ou copropietarios, con títulos fidedignos, de oficinas de farmacia legalmente establecidas.

A cesión, traspaso ou transmisión dunha oficina de farmacia soamente poderá realizarse a favor doutro ou outros farmacéuticos que sexan persoas físicas e de conformidade cos requisitos establecidos na lexislación vixente.

3. Os titulares propietarios, adxuntos, substitutos e rexentes dunha oficina de farmacia exercerán persoalmente nela a sua profesión, non podendo participar na titularidade propiedade de ningunha outra.

4. Para o desempeño de especialista farmacéutico nos servizos hospitalarios será necesario estar en posesión do título da especialidade correspondente.

Artigo 12°.-A concretra actividade profesional das sociedades profesionais.

As sociedades profesionais que se incorporen como exercentes poderán inscribirse nalgunha ou nalgunhas das seguintes subseccións do rexistro:

a) Análises clínicas.

b) A docencia e a investigación.

c) A distribución de medicamentos.

d) lndustria.

e) Óptica oftálmica, optometría e acússtica audiométrica.

Artigo 13°.-O exercicio profésional que no ámbito territorial do colexio teña carácter ocasional.

1. Créase unha seccion no rexistro para os colexiados doutros colexios provinciais que vaian exercer unha actividade profesional no ámbito deste colexio, sempre en virtude do exercicio de actividades compatibles, e dentro dos límites establecidos nestes estatutos.

2. Para a anotación nesa sección será requisito imprescindible a previa solicitudee do interesado ao colexie de procedencia, e o envio por este unha vez ao mes dunha comunicación en que conste:

a) A concreta actividade profesional no colexio en que se atopa colexiado.

b) A concreta actividade profesienal que vai desenvolver.

c) Que non se atopa inhabilitado por sentenza firme nin suspendido per sanción disciplinaria firme para o exercicieoda profesión ou actividade.

3. Os farmacéuticos anotados na sección 4ª do rexistro terán os dereitos do artigo 26.1° destes estatutos, coa excepción do disposto nas letras d), e), f) e i).

4. Os farmacéutieos anotados na sección 4ª do rexistro quedarán suxeitos aos deberes establecidos nestes estatutos.

5. Non poderán anotarse de novo os colexiados que teñan obrigas pendentes con este colexio.

6. Finalizada a actividade que motivou a súa anotación, o interesado comunicaralle a este colexio, e causará baixa nese momento no rexistro.

Artigo 14°.-Rexolución das solicitudes de colexiación.

1.Presentada unha solicitude de incorporación ao colexio en que non consten todos os datos e requisi­tos exixidos, concederáselle ao interesado un prazo de dez días hábiles para que emende a omisión, coa advertencia de arquivo da solicitude, sen máis trá­mite, se esta non se completa.

2.Instruído o expediente de colexiación, a admi­sión solicitada someterase á decisión da primeira Xunta de Goberno que teña lugar, que mediante resolución aceptará ou denegará motivadamente a solicitude. A resolución será notificada ao interesa­do na forma prevista na lexislación estatal regulado­ra do procedemento administrativo común, e farase pública no ámbito colexial.

3.Transcorridos tres meses desde a solicitude de colexiación, ou seis meses por prórroga expresa, sen notificarse a resolución ao interesado, a súa petición entenderase estimada e conforme dereito, sempre que concorran todos os requisitos exixidos nestes estatutos.

4.Contra os acordos das xuntas de goberno, que admitan ou deneguen as solicitudes de colexiación, poderán os interesados interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o Consello de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, no caso da súa crea­ción, ou do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

5.As solicitudes de colexiación serán denegadas cando non se cumpran os requisitos exixidos, non se achegue toda a documentación requirida ou cando esta ofreza dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

6.Cando un colexiado vexa alterada a modalidade ou concreta actividade de exercicio profesional que desempeña, deberá solicitar da Xunta de Goberno que a autorice para cambiar á nova modalidade de exercicio profesional e inscribirse na sección do rexistro que corresponda, achegando os títulos civís, laborais ou administrativos que en cada caso xustifi can o referido cambio.

7.A Xunta de Goberno do colexio só outorgará a autorización cando o interesado cumpra todos os requisitos de colexiación para a modalidade ou acti- vidade profesional de que se trate. Unha vez outorgada a autorización, procederase á práctica dos correspondentes asentos no rexistro.

8.Contra as resolucións da Xunta de Goberno poderase interpoñer recurso de alzada ante o Conse­llo de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, no caso da súa creación, ou do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

9.Por razón xustificada de especial urxencia, poderanse autorizar altas, baixas e cambios de modalidade con carácter provisional, que en todo caso deberán ser ratificados pola Xunta de Goberno.

Artigo 15°.-O rexistro dos colexiados.

1.Unha vez estimada a solicitude de incorpora­ción do colexio, procederase de oficio á súa inscripción na sección ou seccións do rexistro que corres­pondan. A inscrición neste rexistro ten por finalidade posibilitar que o colexio exerza todas as súas competencias, en particular no que atinxe á deonto- loxía, ás incompatibilidades e á potestade discipli­naria. Non se poderá iniciar o exercicio da actividade profesional ata que se practique a inscrición no rexistro do colexio.

2.O rexistro é público, calquera persoa pode con­sultar o seu contido e solicitar a obtención de copias, sen prexuízo de que poida exixirse o aboamento das taxas correspondentes. Non obstante deberá cum- prirse o establecido na normativa de protección de datos.

3.O mantemento do rexistro de colexiados depen­de do secretario do colexio, a quen corresponde a súa dirección, xestión e coordinación. É igualmente competencia da Secretaría Xeral a custodia e arqui- vo da documentación orixinal e xustificativa, a prác­tica das inscricións, cancelacións e as demais anotacións de rexistro, ou expedir as certificacións que se soliciten.

4.Tamén lle corresponde a remisión periódica de información ao Ministerio de Xustiza e á Xunta de Galicia, das inscricións de sociedades profesionais practicadas no rexistro, para os efectos da publicidade que se divulgue a través dun portal na internet baixo a responsabilidade do Ministerio de Xustiza.

Artigo 16°.-As seccións e subseccións do rexistro dos colexiados.

1.O rexistro de colexiados é único, e constará de catro seccións, que corresponderán, respectivamen­te, aos:

a)Sección 1ª: colexiados persoas físicas exercentes.

b)Sección 2ª: colexiados persoas xurídicas exercentes.

c)Sección 3ª: colexiados non exercentes.

d)Sección 4ª: membros doutros colexios provin­ciais de farmacéuticos que casionalmente vaian exercer unha actividade profesional no ámbito terri­torial da provincia de Ourense.

2.A sección 1ª dos colexiados persoas físicas exercentes organizase nas seguintes subseccións:

a)Titularidade e propiedade dunha oficina de far­macia, con independencia de que a titularidade e propiedade sexa individual ou en réxime de titulari- dade e propiedade conxuntas.

b)Adxuntos, substitutos e rexentes de oficinas de farmacia.

c)Alimentación.

d)Dermofarmacia.

e)Análises clínicas.

f)A docencia e a investigación.

g)Distribución.

h)Industria.

i)Óptica oftálmica, optometría e acústica audio­métrica.

j)Ortopedia.

k)Servizo farmacéutico de hospital.

l)Atención primaria.

m)Titular, de saúde pública, ou na Administración.

n)Fitoterapia ou homeopatía.

3.A sección 2ª dos colexiados persoas xurídicas exercentes organízase nas seguintes subseccións:

a)Análises clínicas.

b)A docencia e a investigación.

c)A distribución.

d)Industria.

e)Óptica oftálmica, optometría e acústica audio­métrica.

4.Será única a sección 3ª dos colexiados non exer centes.

5.Será única a sección 4ª de membros doutros colexios provinciais de farmacéuticos que ocasional­mente vaian exercer unha actividade profesional no ámbito territorial da provincia de Ourense.

Artigo 17°.-A documentación do rexistro.

1.En cada sección do rexistro distinguirase:

a)Un libro de rexistro.

b)Un arquivo de documentación, que conterá a presentada polos solicitantes que fosen admitidos como membros do colexio.

2.O libro das seccións 1ª e 2ª do rexistro estará dividido en tomos que corresponderán a cada unha das subseccións.

3.No libro que corresponda reflectirase a informa­ción individualizada de cada colexiado mediante unha ficha de inscrición, co seu correspondente número de rexistro diferenciado.

4.En cada tomo dos libros distinguirase a identi­ficación da subsección e de sección do rexistro a que pertence. Estarán compostos por follas móbiles, numeradas correlativamente no ángulo superior dereito, e consignarase en cada unha delas o tomo e o folio a que pertencen.

Artigo 18°.-A práctica de asentos no rexistro.

1.No rexistro practicaranse os seguintes asentos:

a)Inscrición.

b)Anotación complementaria.

c)Cancelacións.

d)Anotación de rectificación.

e)Notas marxinais.

2.Os asentos practicaranse de oficio polo encarga­do do rexistro. Non obstante, os que teñan un intere­se lexítimo poderán instar á práctica do asento.

Artigo 19°.-O contido dos asentos de inscrición dos colexiados exercentes que sexan persoas físicas.

1. O contido mínimo dos asentos de inscrición será o seguinte:

a)Nome e apelidos do colexiado.

b)Os datos de data e lugar de expedición do títu­lo de licenciado en farmacia e, de ser o caso, os do doutoramento.

c)Domicilio para os efectos das notificacións colexiais.

2.Cando dentro da sección de colexiados exercentes que sexan persoas físicas a inscrición se realice na subsección de titulares e propietarios de oficinas de farmacia, deberá deixarse constancia, ademais, dos seguintes datos:

a)Data de outorgamento da autorización do esta- blecemento sanitario. Ademais deberá conservarse copia da autorización sanitaria no arquivo de docu­mentación.

b)No caso de que exista propiedade e titularidade conxuntas da oficina de farmacia, ademais do nome e apelidos de todos os interesados deberá indicarse cal é a distribución de dereitos, obrigas e responsa­bilidades, precisándose a porcentaxe que correspon­de a cada copropietario e cotitular.

c)Enderezo en que estea situada a oficina de far­macia.

3.No arquivo de documentación conservarase copia dos títulos de licenciatura e doutoramento.

Artigo 20°.-O contido dos asentos de inscrición dos colexiados exercentes que sexan unha sociedade pro­fesional.

1.O contido mínimo dos asentos de inscrición será o seguinte:

a)A denominación ou razón social e domicilio da sociedade.

b)Número de identificación fiscal da sociedade profesional.

c)Data e recensión identificativa da escritura pública de constitución e notario autorizante; e duración da sociedade se se constituíse por tempo determinado.

d)A concreta actividade ou actividades profesio- nais que constitúan o obxecto social, dentro dos límites impostos pola normativa sanitaria vixente.

e)Identificación dos socios profesionais e non pro- fesionais e, en relación con aqueles, número de colexiado e colexio profesional de pertenza.

f)Identificación das persoas que se encarguen da administración e representación da sociedade, con expresión a condición de socio profesional ou non de cada unha delas.

g)Número da póliza e entidade con que a socieda- de profesional contratase o seguro de responsabilidade civil e capital asegurado.

h)O domicilio da sociedade profesional para os efectos das notificacións colexiais.

2.No arquivo de documentación deberá conser­varse a escritura de constitución (abondará a primeira copia), así como da certificación da inscrición da sociedade profesional no Rexistro Mercantil.

3.En caso de producirse algunha modificación da sociedade profesional, deberá ser notificada no pra­zo de 15 días ao rexistro do colexio. Para eses efec­tos, enténdese por modificación o cesamento ou nomeamento de administradores, o cambio dos socios, a modificación do contrato social ou calque­ra outra alteración que deba ter reflexo no Rexistro Mercantil. O cómputo do prazo de 15 días aplicara- se desde a práctica do correspondente asento no Rexistro Mercantil.

4.Aínda que non se producisen modificacións, cada dous anos, contados desde a data da inscrición, as sociedades profesionais deberán presentar no rexistro do colexio unha declaración formal en que manifesten que non houbo cambios no contido míni­mo da inscrición, que se detalla no número 1 deste artigo.

Artigo 21°.-As anotacións complementarias no rexistro.

Producirase a anotación complementaria nos seguintes casos:

a)Cando se lle impoña unha sanción disciplinaria ao colexiado, sexa persoa física ou sociedade profe­sional. Para a práctica dese asento non será necesa­ria a firmeza da sanción.

b)Cando o colexio reciba notificación das sentenzas xudiciais firmes, ou resolucións administrativas que gañasen firmeza, polas cales se anule unha san­ción disciplinaria.

c)Cando o colexio reciba notificación das sentenzas xudiciais firmes, nas que se impoña unha san­ción penal que afecte ao exercicio profesional.

d)Cando o colexio reciba notificación das sentenzas xudiciais firmes, ou resolucións administrativas que gañasen firmeza en vía administrativa, ditadas sobre autorizacións de apertura, funcionamento, ampliación, modificación, traslado, transmisión ou peche dalgunha oficina de farmacia.

e)Cando o colexio reciba notificación das medidas preventivas adoptadas polos xuíces ou tribunais, ou pola Administración competente, que producen a suspensión da vixencia das mencionadas autorizacións.

f)Cando se produzan modificacións na sociedade profesional que afecten as circunstancias que cons­tan no asento de inscrición. Nese sentido, e entre outras circunstancias, dará lugar á práctica dunha anotación complementaria calquera cambio de socios e administradores, ou calquera modificación do contrato social.

g)Calquera outra medida que afecte aos asentos de inscrición practicados no rexistro.

Artigo 22°.-Os asentos de cancelación.

1.Practicarase o asento de cancelación da inscri­ción, cando se produza a baixa dalgún colexiado, ben por cambio da situación de exercente á de non exercente, ou viceversa, ben por baixa no colexio por calquera outra circunstancia.

2.No caso das sociedades profesionais, procederá igualmente o asento de cancelación da inscrición cando se produza a súa extinción.

3.Cando se extingan as responsabilidades deriva­das da imposición dunha sanción disciplinaria, cancelarase a correspondente anotación complementa­ria.

4.Tamén se practicará o asento de cancelación correspondente, cando por calquera circunstancia se produza a total e definitiva perda de eficacia de acto de autorización de oficina de farmacia.

5.En todo caso, a práctica do asento de cancela­ción non eximirá o colexio do deber de conservar a inscrición e ulteriores asentos, e mantelos accesi­bles á súa pública consulta.

Artigo 23°.-Os asentos de rectificación.

1.Os erros materiais, de feito ou aritméticos, que se detecten no contido dos asentos practicados, serán rectificados, de oficio ou por instancia de par­te, polo propio encargado do rexistro mediante a anotación de rectificación.

2.Os erros que deriven dos asentos do rexistro deberán corrixirse de conformidade co establecido na lexislación estatal do procedemento administrati­vo común, e a continuación practicarase a anotación de rectificación.

Artigo 24°.-As notas marxinais.

Farase constar mediante nota marxinal calquera outro acto ou resolución que pola súa natureza deba facerse constar no rexistro.

Artigo 25°.-Réxime xurídico dos actos e actuacións do rexistro.

1.Cando para a práctica dun asento non consten todos os datos e requisitos exixidos, concederáselle ao interesado un prazo de dez días hábiles para que emende a omisión, coa advertencia de cualificación negativa da práctica do asento, e o arquivo das actuacións, se non se completa a documentación requirida.

2.secretario encargado do rexistro cualificará negativamente a práctica do asento cando non se axuste ao establecido nestes estatutos. Cando a cualificación sexa positiva, practicará o asento que corresponda.

3.Para que produza efectos, a cualificación nega­tiva realizada polo secretario encargado do rexistro deberá ser confirmada pola Xunta de Goberno.

4.Contra a cualificación negativa para a práctica dun asento de rexistro que fose confirmada pola Xunta de Goberno poderán os interesado interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o Consello de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, no caso da súa creación, ou do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.gulamento de réxime interior.

Estatuto dos colexiados

Artigo 26°.-Os dereitos dos colexiados.

1.Desde o momento da súa incorporación ao colexio profesional, todo colexiado terá dereito a:

a)Exercer a profesión para a concreta actividade ou actividades en que fose admitido e se inscribise na correspondente sección do rexistro colexial.

b)Ser asistido e asesorado polo colexio, de acordo cos medios de que este dispoña, en cantas cuestións se susciten fronte a terceiros por razón de exercicio profesional, e que a Xunta de Goberno considere de interese para a profesión.

c)Recibir as circulares, notificacións, comunicacións e a demais documentación que se acorde remi­tir polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provin­cia de Ourense, polo Consello de Colexios de Far­macéuticos de Galicia, no caso da súa creación, e polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farma­céuticos.

d)Ter acceso aos libros de actas e de contabilidade xeral, en presenza dun membro da Xunta de Goberno, ou de quen sexa delegado por esta, e a obter as certificacións correspondentes.

e)Participar na xestión corporativa e, polo tanto, exercer os dereitos de petición, voto, acceso a postos e cargos directivos, mediante os procedementos, e con cumprimento dos requisitos que se establecen nestes estatutos.

f)Participar no uso e desfrute dos bens e servizos colexiais, dentro das normas reguladoras inevitable­mente exixidas pola súa natureza colectiva.

g)Ser recibido, por petición propia, polo presiden­te e os demais membros da Xunta de Goberno, de acordo coas normas establecidas para ese caso.

h)Dereito a asociarse e agruparse con fins profe­sionais no seo do colexio, con sometemento en todo caso aos seus órganos de goberno.

i)Actuar no exercicio da súa profesión con toda liberdade e independencia, sen outras limitacións que as impostas polas leis e polas normas estatuta­rias; poderán para tal efecto solicitar e obter do colexio e, de ser o caso, do respectivo Consello Autonó­mico e Consello Xeral de Colexios Oficiais de Far­macéuticos a protección da súa lícita actuación, baixo o amparo da Constitución.

j)Serlle expedida certificación sobre os feitos e circunstancias do seu exercicio profesional dos cales teña constancia documentada o colexio.

2.Para o exercicio dos seus dereitos colexiais, as sociedades profesionais designarán a persoa que os represente; deberá quedar constancia no rexistro colexial do nome e apelidos da persoa designada e, de ser o caso, dos seus substitutos. En calquera caso, a designación debe recaer na persoa dalgún dos socios profesionais que formen parte do órgano de administración da sociedade profesional.

3.No exercicio dos dereitos de participación esta­blecidos no número 1.d) deste mesmo precepto, a condición de socio profesional dunha sociedade pro­fesional non privará a persoa física dos dereitos que individualmente lle corresponden como colexiado.

Artigo 27°.-Os deberes dos colexiados.

Desde a súa incorporación ao colexio, todo colexiado contrae os seguintes deberes:

a)Cumprir estritamente, en calquera das modali­dades admitidas para o exercicio da profesión farma­céutica, o disposto na lexislación sanitaria e do medicamento, nestes estatutos e nos xerais da profe­sión farmacéutica, así como acatar as decisións do colexio cando fosen axustadas a dereito.

b)Respectar e gardar o segredo profesional.

c)Exercer a profesión ou modalidade desta a que se dediquen, procurando en todo momento realizar coa máxima eficacia as tarefas sanitarias e asisten- ciais que lle sexan propias, de acordo cos criterios básicos do uso racional dos medicamentos estableci­dos nas leis e nas directrices deste colexio, do Con­sello Autonómico, no caso da súa creación, e do Con­sello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

d)Esforzarse por ofrecer unha elevada calidade nas súas actuacións profesionais, mediante unha for­mación permanente que actualice os seus coñece- mentos.

e)Poñer en coñecemento do colexio os actos de intrusión ou de exercicio ilegal e calquera outro pro­fesionalmente reprobable de que tivese coñecemento.

f)Evitar toda clase de convenios e acordos ou pac­tos con outras profesións sanitarias ou con entidades públicas ou privadas que teñan por obxecto lucrarse coa recomendación e ordenación dos seus respecti­vos servizos e impidan a liberdade de elección do usuario.

g)Tramitar por conduto do colexio, que lle dará curso co seu preceptivo informe, toda petición ou reclamación que se teña que formular ao Consello Autonómico, no caso da súa creación, ou ao Conse­llo Xeral de Colexios Farmacéuticos, e poñer en coñecemento do colexio todas aquelas iniciativas que afecten a actividade profesional.

h)Solicitar o oportuno cambio no rexistro colexial cando se produza variación no seu exercicio profe­sional.

i)Comunicar puntualmente ao colexio os cambios de domicilio, así como calquera outra variación de tipo burocrático ou administrativo que afecte a súa situación colexial.

j)Someter á consideración e aprobación, se é o caso, do colexio, calquera clase de propaganda e publicidade que lle interese realizar sobre estable- cementos e servizos profesionais relacionados con calquera clase de exercicio da profesión.

k)Respectar os prezos de venda das especialida­des farmacéuticas determinados pola lexislación vixente.

l)Cumprir estritamente as funcións de adquisi­ción, custodia, subministración, control e dispensa­ción de medicamentos tanto de uso humano como de uso animal, mediante a presenza obrigada e actua­ción profesional dos farmacéuticos necesarios para unha correcta asistencia, tanto na oficina de farma­cia coma nos servizos de farmacia hospitalaria e de atención primaria, boticas anexas ou depósitos de medicamentos, almacéns de distribución, de medi­camentos, establecementos comerciais retallistas de medicamentos de uso animal e agrupacións gandei­ras autorizadas.

m)Cumprir os horarios, quendas de garda e servi­zos de urxencia establecidos aos farmacéuticos pro­pietarios de oficinas de farmacia, rexentes ou subs­titutos.

n)Propoñer o nomeamento de substitutos, rexentes ou adxuntos, nos casos exixidos polas leis.

o)Non difundir informacións que se declaren con- fidenciais, conforme a lexislación sanitaria e norma­tiva legal.

p)Aboar as cotas colexiais regulamentariamente establecidas.

Artigo 28°.-As normas básicas de deontoloxía pro­fesional.

Todo colexiado se absterá de:

a)Realizar actividades profesionais incompatibles a teor do disposto pola normativa legal vixente.

b)Ter calquera clase de intereses económicos directos cos laboratorios farmacéuticos, por parte do farmacéutico con exercicio profesional nos estable- cementos e servizos de atención farmacéutica pre­vistos no artigo 51 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia.

c)Preparar remedios secretos.

d)Comercializar medicamentos non autorizados.

e)Ofrecer primas, obsequios, concursos ou actos similares como método de venda ao público dos medicamentos.

f)Realizar calquera actuación expresamente prohibida polas leis e a normativa colexial.

g)Realizar calquera outra actuación que atente contra a deontoloxía profesional.

Artigo 29°.-A perda da condición de colexiado.

1.A condición de colexiado perderase polas seguintes causas:

a)Falecemento do colexiado.

b)Baixa voluntaria comunicada por escrito.

c)Perda dos requisitos para a colexiación, proba­da mediante expediente con audiencia do interesa­do.

d)Expulsión do colexio, acordada en expediente disciplinario, unha vez que asine o acto sancionador.

e)Falta de pagamento de seis meses, logo de requirimento fidedigno efectuado ao interesado.

2.A perda da condición de colexiado non liberará o interesado do cumprimento das obrigas vencidas, nin do pagamento das cotas ordinarias e extraordina­rias impostas antes de que a baixa tivese lugar.

3.As decisións referidas á perda da condición de colexiado adoptadas pola Xunta de Goberno poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Consello Autonómico, no caso da súa creación, ou ao Conse­llo Xeral de Colexios de Farmacéuticos. colaboración e coordinación.

Estructura Orgánica do Colexio

Artigo 30°.-Os órganos do colexio.

1.Os órganos colexiais de representación e goberno colexiais son a asemblea xeral e a Xunta de Goberno.

2.Tamén forman parte da estrutura orgánica do colexio:

a)presidente.

b)vicepresidente.

c)secretario.

d)tesoureiro.

e)Os vogais.

f)A comisión permanente.

g)As comisións externas.

Artigo 31°.-A asamblea xeral.

1.A asemblea xeral é o órgano supremo e sobera­no de representación e expresión da vontade dos colexiados e estará constituída pola totalidade des­tes no exercicio dos seus dereitos corporativos.

2.Correspóndenlle á asemblea xeral as seguintes atribucións básicas:

a)Aprobación e modificación dos estatutos e dos regulamentos de réxime interno.

b)Aprobación dos orzamentos, contas do exercicio e cotas ordinarias e extraordinarias, fondos de reser­va, derramas e as demais contraprestacións que teñan que satisfacer os colexiados.

c)A disposición e alleamento dos bens inmobles do colexio.

d)A aprobación da moción de censura contra a Xunta de Goberno ou calquera dos seus membros de conformidade co procedemento establecido nestes estatutos.

e)Deliberar e tomar acordos en relación con todos os fins e funcións do colexio recollidos nos artigos 4° e 5° destes estatutos.

f)Modificar o domicilio social do colexio.

g)Aprobar a fusión, absorción ou disolución do colexio.

3.A asemblea xeral poderá reunirse con carácter ordinario ou extraordinario.

A asemblea xeral ordinaria terá lugar, polo menos unha vez ao ano e dentro do primeiro semestre, nela se presentará para a súa aprobación o orzamento do seguinte exercicio. Se o proxecto de orzamento non fose aprobado pola asemblea xeral, entenderase pro­rrogado o do último exercicio ata a aprobación dun novo.

4.Para considerar as proposicións dos colexiados, será preciso que estas se formulen por escrito, estean asinadas polo 15 por cento deles e sexan pre­sentadas no rexistro colexial ata un prazo máximo de sete días antes de que teña lugar a asemblea. Un mesmo grupo de colexiados asinantes dunha propo­sición non poderán solicitar ningunha outra na mesma asemblea.

5.A convocatoria da asemblea xeral será feita polo secretario, por orde do presidente, mediante notifi­cación por correo, polo menos con dez días naturais de antelación á data sinalada para a súa realización. Na convocatoria consignarase o lugar, data e hora de realización, tanto en primeira como en segunda con­vocatoria, así como a orde do día. En caso de xustificada urxencia a notificación poderá ser efectuada con tan só corenta e oito horas de antelación. En toda convocatoria de asemblea, como último punto da orde do día, incluirase unha rolda de intervencións libres.

6.A asemblea xeral quedará validamente consti- tuída en primeira convocatoria cando estean presen­tes polo menos a metade máis un dos colexiados e, en segunda convocatoria, con calquera que sexa o número de asistentes sempre que estean presentes o presidente e o secretario. Os acordos tomaranse por maioría de votos dos asistentes. A presidencia da asemblea xeral terá voto de calidade no caso de empate.

7.Nas discusións dos asuntos que se susciten nas asembleas só se permitirán tres quendas a favor e tres en contra e unha soa rectificación a cada colexiado que tome parte no debate, pero non consumirá quenda a presidencia nin o asinante que defenda a proposición posta en discusión.

8.As votacións serán de forma ordinaria a man alzada, pero serán nominais ou secretas cando o pida a cuarta parte dos colexiados asistentes ou así o decida o presidente. De calquera modo, as votacións referidas a asuntos persoais ou as que se leven a cabo durante unha moción de censura serán sem­pre secretas. Os colexiados non poderán delegar noutras persoas a súa asistencia á asemblea xeral nin serán representados para emitir o seu voto.

9.Os acordos adoptaranse, salvo nos supostos establecidos nestes estatutos, por maioría simple. En caso de empate decidirá o voto de calidade do presidente. Se o acordo adoptado o fose por unani- midade dos membros da asemblea ou dunha maioría clara e manifesta, non será preciso proceder á vota­ción; pero neste suposto os discrepantes poderán exixir a constancia en acta da súa oposición ao acor­do, e poderán, ademais, antes de concluír a asemblea xeral, entregarlle ao presidente o texto da súa oposición, que, logo da súa lectura, se incorporará á acta como anexo a esta. Os acordos adoptados en asemblea xeral serán executivos, vinculantes e obrigatorios para todos os colexiados, sen prexuízo dos recursos que procedan.

10.De todas as reunións das asambleas levantarase a correspondente acta, na cal polo menos consta­rán as propostas sometidas a votación e o resultado destas, e serán asinadas polo secretario co visto e prace do presidente. Consideraranse partes inte­grante das actas, como anexos, as propostas presen­tadas polos colexiados que solicitasen a constancia literal das súas intervencións, sempre que as entre­guen por escrito, debidamente asinadas, antes de concluír a asemblea xeral. As actas, cos seus ane­xos, estarán sempre á disposición de todos os cole- xiados unha vez aprobadas, e poderán solicitar os colexiados copia delas.

11.A asemblea xeral poderá delegar a facultade de deliberar e tomar acordos relacionados coas súas funcións na Xunta de Goberno. Salvo nas materias que se determinen nestes estatutos, por regra xeral entenderanse estatutariamente delegadas de modo permanente, con obriga por parte da Xunta de Goberno de dar conta das súas decisións á asemblea xeral e de someterse, en calquera caso, á vontade desta. Como excepción a esa regra xeral, a asemblea xeral non poderá delegar, en ningún caso, as potes­tades ou facultades contidas nas letras a), b), c), d), e g) do número 2 deste mesmo artigo.

12.As asembleas xerais extraordinarias convocaránse e terán lugar nos seguintes casos:

a)Cando o acorde o presidente.

b)Cando o solicite a metade máis un dos membros da Xunta de Goberno.

c)Cando o solicite un mínimo dun 25 por cento dos colexiados, en escrito en que figurará o nome, apelidos, número de colexiado e sinatura de cada un deles e que indique o motivo da solicitude debida­mente argumentado.

Nos supostos tipificados nas letras b) e c), o presi­dente deberá ordenar a convocatoria da asemblea xeral, para que teña lugar dentro dos trinta días naturais que sigan a aquel en que teña entrada no rexistro colexial a petición da convocatoria. Nestas asembleas só se poderán tomar acordos sobre asun­tos previamente fixados na orde do día.

En canto ao funcionamento da asemblea xeral extraordinaria, observarase o disposto nos núme­ros 5, 6, 7, 8, 9 e 10 deste artigo.

13.Nas materias sometidas a deliberación e adop­ción de acordos que unicamente afecten o ámbito dunha determinada modalidade de exercicio ou sec­ción colexial, poderá limitarse o ámbito da convocato­ria, e dos acordos que se adopten, ao grupo de cole- xiados incluídos nesa modalidade ou sección, acordos que deberán ser ratificados pola Xunta de Goberno.

Artigo 32°.-A moción de censura.

1.En sesión extraordinaria, a asemblea xeral poderá debater unha moción de censura en contra do presidente ou da Xunta de Goberno, proposta polo menos por unha cuarta parte dos colexiados.

2.A convocatoria efectuarase na forma estableci­da no número 5 do artigo anterior e no prazo de 30 días naturais desde a presentación da corresponden­te proposta, que deberá ser motivada e incluirá unha lista de candidatos.

3.Rexeitada unha moción de censura, para que a asemblea xeral poida debater outras posteriores será necesario que transcorra un ano desde a anterior ou ir proposta por, polo menos, a metade do número de colexiados.

Artigo 33°.-A Xunta de Goberno, membros e atribucións.

1.A Xunta de Goberno do colexio é o órgano de execución dos acordos da asemblea xeral e asume a dirección, programación, xestión e administración do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense, correspóndelle o desempeño de todas as competencias e atribucións de dirección e adminis­tración necesarias para a consecución dos fins do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense e as especificamente previstas nestes esta­tutos e na lexislación vixente e que non fosen outorgadas expresamente á asemblea xeral.

2.Será competencia da Xunta de Goberno a elec­ción de representantes ante o Consello Autonómico, no caso da súa creación.

3.A Xunta de Goberno estará integrada polos seguintes membros, que serán elixidos de entre todos os colexiados por sufraxio universal, libre, directo e secreto:

a)O presidente.

b)Un vicepresidente.

c)Un tesoureiro.

d)Un vogal de número por cada 200 colexiados inscritos ou fracción, cun máximo de 6 vogais.

e)Un vogal por cada unha das seccións constituídas no seo deste colexio.

Artigo 34°.-O presidente.

1.Ao presidente correspóndelle a representación legal do colexio que preside. Desempeñará, ao mesmo tempo, os cargos de presidente da asemblea xeral e da Xunta de Goberno.

2.Correspóndenlle ao presidente, entre outras, as seguintes funcións:

a)Exercer a representación máxima da corpora­ción farmacéutica no territorio da demarcación do colexio, correspondéndolle o exercicio de cantos dereitos e atribucións se lle recoñecen nestes esta­tutos.

b)Representar legalmente o colexio en todas as súas relacións, incluída as que manteña cos poderes públicos, entidades, corporacións e personalidades de calquera orde.

c)Convocar, presidir e levantar as asembleas xerais e as reunións de Xunta de Goberno, fixando a orde do día de acordo co previsto nestes estatutos, manter a orde e uso da palabra e nas xuntas de goberno decidir co seu voto de calidade os empates nas votacións.

d)Propoñer a creación das comisións necesarias para o mellor desenvolvemento das funcións do colexio; a súa constitución será aprobada pola Xunta de Goberno.

e)Revisar e autorizar coa súa sinatura os outorgamentos de escrituras públicas, convenios, contratos, comunicacións oficiais, actas e certificacións que procedan.

f)Autorizar conxuntamente co tesoureiro, ou cos membros que designe a Xunta de Goberno, os libramentos para investimento, o manexo de fondos e talóns para o movemento das contas do colexio.

g)Examinar, intervir e revisar a documentación de todos os departamentos do colexio.

h)Intervir moi especialmente en manter a harmo­nía entre todos os colexiados e procurar que calque­ra diferenza de carácter profesional que se suscite entre eles se resolva no seo do colexio.

i)Outorgar mandatos e poderes notariais, mesmo especiais, a favor dos avogados e procuradores dos tribunais ou de calquera outra persoa para o exercicio de toda orde que afecten a corporación farma­céutica.

Artigo 35°.-O vicepresidente.

Correspóndelle ao vicepresidente levar a cabo todas aquelas funcións que lle confira o presidente, asumindo as deste en caso de vacante, ausencia, renuncia, enfermidade, vacacións ou falecemento.

Artigo 36°.-O tesoureiro.

1.Serán atribucións e obrigas do tesoureiro as seguintes:

a)Dirixir e autorizar a contabilidade do colexio.

b)Realizar os pagamentos e recibir os ingresos do colexio.

c)Formalizar as contas, balances e orzamentos que deban ser presentados á Xunta de Goberno e á asemblea xeral.

d)Formular os proxectos de orzamentos e de liqui­dación do exercicio anual do colexio para o seu sometemento á asemblea xeral, logo de aprobación da Xunta de Goberno.

e)Intervir no seu máis amplo sentido nas contabi­lidades que, dentro do colexio, correspondan ás sec- cións e comisións, aínda cando dispoñan de orza- mento propio.

f)Confrontar e asinar os libros de contabilidade xunto co presidente.

g)Ingresar e retirar fondos das contas bancarias do colexio, conxuntamente co presidente ou con cal­quera outro membro da Xunta de Goberno que fose autorizado para este fin.

2.En unión do presidente, levará a sinatura da tesouraría ante toda clase de organismos.

Artigo 37°.-O secretario.

1.O secretario ocupará ao mesmo tempo os cargos de secretario da asemblea xeral e da Xunta de Goberno, así como a de encargado do rexistro.

2.As súas atribucións e obrigas son as que seguen:

a)Certificar os acordos de asemblea xeral e da Xunta de Goberno, levantando as oportunas actas e a súa transcrición aos libros correspondentes.

b)Redactar, asinar e expedir as certificacións co visto e prace do presidente.

c)Despachar a correspondencia, dirixir e custo­diar os arquivos e levar os libros de colexiados, así como os libros de entrada e saída de documentos.

d)Convocar as reunións da asemblea xeral e da Xunta de Goberno, sempre que así lle sexa ordena­do polo presidente ou quen estatutariamente o substitúa, e coidar de que as convocatorias reúnan os requisitos sinalados nestes estatutos.

e)Manter ao día a secretaría do colexio no referen­te a disposicións lexislativas e administrativas que afecten a profesión.

f)Desempeñar a xefatura do persoal adscrito ao colexio e propoñerlle á Xunta de Goberno o nomeamento e destitución do persoal que preste os seus servizos no colexio, ou calquera outra cuestión en relación co persoal.

g)Vixiar o cumprimento dos requisitos e obrigas sinaladas nestes estatutos para o funcionamento do colexio e da Xunta de Goberno e o desenvolvemento das asembleas xerais.

h)A xestión e mantemento do rexistro de colexiados.

Artigo 38°.-Os vogais.

1.Os vogais de número desempeñarán as funcións que lles sexan encomendadas pola Xunta de Goberno.

2.Os vogais de sección serán os representantes, na Xunta de Goberno, das modalidades profesionais de exercicio correspondentes e terán ao seu cargo o estudo dos asuntos que correspondan a estas, e informarán por escrito a Xunta de Goberno das resolucións que aquelas propoñan. Poderán auxiliarse dos colexiados que consideren necesarios para constituír as xuntas de sección logo de aprobación da Xunta de Goberno.

3.No Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provin­cia de Ourense poderán constituírse as seguintes vogalías de sección:

a)Adxuntos, substitutos ou rexentes de oficinas de farmacia.

b)Alimentación.

c)Análises clínicas.

d)Atención primaria.

e)Dermofarmacia.

f)Distribución.

g)Docencia ou investigación.

h)Fitoterapia ou homeopatía.

i)Industria.

j)Óptica oftálmica e optometría e acústica audio­métrica.

k)Ortopedia.

l)Servizos farmacéuticos do hospital.

m)Titulares de oficinas de farmacia.

n)Titulares, de saúde pública ou na Administra­ción.

4.Deben inscribirse nesas seccións todos os colexiados que exerzan a profesión nas respectivas modalidades de exercicio.

5.Ademais, poderanse crear outras seccións por proposta da Xunta de Goberno que sexan aprobadas pola asemblea xeral.

6.Para a constitución da vogalía requirirase polo menos un número de tres colexiados exercentes na modalidade de que se trate.

Artigo 39°.-Réxime de funcionamento da Xunta de Goberno.

1.A Xunta de Goberno renovarase na súa totalida- de cada catro anos, ou antes se se producisen os supostos considerados nestes estatutos para a con­clusión de mandato.

2.mandato dos membros da Xunta de Goberno concluirá polas seguintes causas:

a)Incapacidade ou falecemento.

b)Dimisión ou renuncia.

c)Condena por sentenza firme, se levase consigo privación ou restrición real e efectiva da liberdade ou inhabilitación para cargos públicos.

d)Incumprimento dos seus deberes como mem­bros da Xunta de Goberno e, moi especialmente, pola reiterada falta de asistencia ou abandono non xustificado das sesións da citada Xunta de Goberno ou asemblea xeral.

e)Aprobación da moción de censura, conforme o establecido nestes estatutos.

f)Convocatoria de eleccións.

3.No suposto da letra d) do número 2 deste mesmo artigo, a decisión será tomada pola maioría dos membros da asemblea xeral por proposta da Xunta de Goberno.

4.A Xunta de Goberno continuará nas súas funcións en canto conte coa metade máis un do total dos seus membros. En caso de producirse dimisións que a deixen por debaixo do número anterior estableci­do, entenderase automaticamente disolta.

En caso de dimisión ou baixa dun ou máis dos seus membros, sen exceder a metade máis un, a Xunta de Goberno decidirá sobre a conveniencia de cubrir esas vacantes por outros membros da xunta. As vacantes, sen excepción ningunha, soamente pode­rán cubrirse polo tempo necesario ata que teñan lugar novas eleccións.

5.No suposto de baixa ou dimisión da metade máis un dos membros da Xunta de Goberno, esta cos res­tantes membros transformarase en comisión xestora, que se comporá, como mínimo, de cinco membros, con facultades de comisión permanente e co encar­go de convocar eleccións no prazo máximo de 30 días.

Se como consecuencia da dimisión de todos os membros da Xunta de Goberno non se puidese constituír a comisión xestora, formarase unha xunta de idade, de cinco membros, coas funcións exclusivas daquela, designados entre os colexiados con exerci- cio na forma que segue: os tres de maior idade non superior a 65 anos e os dous de menor idade, que estarán obrigados a aceptar salvo xustificación verí­dica.

6.A Xunta de Goberno reunirase, polo menos, unha vez ao mes.

Tamén se reunirá sempre que o acorde o presiden­te ou o solicite un terzo dos seus membros.

7.O secretario convocará as reunións de Xunta de Goberno, logo de mandato de presidencia, con polo menos 48 horas de antelación. A convocatoria conterá:

a)Data, hora e lugar da reunión, en primeira e segunda convocatoria, que preceptivamente se fará para o mesmo día, no mesmo lugar e media hora máis tarde.

b)A orde do día, coa maior claridade e concreción.

c)A información necesaria dos asuntos que se van tratar.

8.A asistencia ás reunións da Xunta de Goberno será obrigatoria para todos os seus membros. A Xunta de Goberno considerarase constituída sempre que asistan a metade máis un dos seus compoñentes na primeira convocatoria. Se na primeira convocatoria non existise quórum, reunirase a Xunta de Goberno en segunda convocatoria, e quedará constituída vali­damente cos membros que asistisen.

9.Todos os acordos se tomarán por maioría de votos. O presidente terá voto de calidade no caso de empate. Os acordos tomados reflectiranse na acta que, logo de aprobación, será asinada polo secreta­rio co visto e prace do presidente. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes todos os membros do órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría.

10.As xuntas de goberno serán sempre presididas polo presidente e, en ausencia deste, polo vicepresi­dente. Excepcionalmente, en ausencia de ambos os dous, poderá ser presidida por outro membro.

11.A Xunta de Goberno acordará o réxime de substitución do tesoureiro, secretario e daqueles membros que se considere necesario.

12.Para o non regulado neste artigo, haberá que acollerse de xeito supletorio ao establecido nos artigos 22 a 27 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, coas modificacións introducidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Artigo 40°.-A comisión permanente.

1.Cando a Xunta de Goberno o considere conve­niente, e para maior axilidade dos seus traballos, poderase constituír unha comisión permanente, que estará formada polo presidente, secretario, tesoureiro, vicepresidente e dous vogais elixidos entre os que compoñan a Xunta de Goberno.

2.Os acordos da comisión permanente, para a súa validez definitiva, terán que ser ratificados pola Xunta de Goberno.

3.A comisión permanente terá as seguintes atribucións:

a)Velar pola execución dos acordos da Xunta de Goberno.

b)Preparar as reunións da Xunta de Goberno.

c)Resolver os asuntos de trámite e de carácter urxente, dando conta á Xunta de Goberno, neste caso, das resolucións adoptadas.

Artigo 41°.-As comisións externas.

1.Para o mellor desenvolvemento técnico das xestións colexiais, poderanse crear aquelas comisións externas que a Xunta de Goberno considere necesa­rias.

2.Estas comisións terán por obxecto colaborar con Xunta de Goberno na execución das funcións que esta ten atribuídas, realizando estudos, asesoramentos e axuda técnica naquelas áreas de traballo ou especialidade profesional que considere convenien­te e para as que foron creadas.

3.As comisións externas terán carácter consultivo e non vinculante e estarán formadas por tres ou máis colexiados que voluntariamente se ofrecesen para isto e cunha actividade profesional relacionada directamente co obxecto da comisión.

Estas comisións contarán, polo menos, cun mem­bro da Xunta de Goberno, que actuará de coordina­dor e voceiro ante ela.n, colaboración e coordinación.

O Proceso Electoral

Artigo 42°.-Requisitos para acceder aos cargos da Xunta de Goberno.

1.Os cargos da Xunta de Goberno proveranse para un período de catro anos, mediante elección libre e secreta en que teñen dereito a participar todos os colexiados.

2.Para concorrer ás eleccións, en calquera cargo, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a)Non ser obxecto de sancións disciplinarias por faltas graves, nin ser inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da profesión ou cargo público, ou estean incursos en calquera outra prohibición ou incapacidade legal ou estatutaria, sempre e cando adquirisen firmeza.

b)Non ocupar o mesmo cargo da xunta a que se opta durante os últimos 8 anos consecutivos.

3.Ademais, para os cargos de presidente, vicepre­sidente, secretario e tesoureiro, os candidatos deben acreditar un mínimo de tres anos de exercicio profe­sional e estar colexiados no Colexio Oficial de Far­macéuticos da Provincia de Ourense, e acreditar que se achan en exercicio no momento da convocatoria.

4.Para os cargos de vogal de número e vogal de sección, será necesario igualmente estar en exerci­cio e colexiados no Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense e estar inscritos na sección correspondente cunha antigüidade superior a un ano.

Artigo 43°.-A convocatoria de eleccións.

O presidente, logo de acordo de Xunta de Gober­no, convocará eleccións cunha antelación de tres meses á data de conclusión estatutaria do mandato dos membros daquela. No momento da convocatoria enviaráselles a todos os colexiados o calendario electoral.

Artigo 44°.-A constitución da mesa electoral.

1.Inmediatamente despois de ser convocadas as eleccións, e nun prazo non superior a dez días, constituirase a mesa electoral na mesma sede colexial, que vixiará todo o proceso, presidirá a votación, rea­lizará o escrutinio e resolverá as reclamacións que se presenten.

2.A mesa electoral estará presidida polo colexia­do máis antigo que non supere a idade de 65 anos.

Actuará como secretario o colexiado de menor ida- de. Estarán auxiliados por un vogal, que será o cole­xiado de maior idade que non supere os 60 anos. Para todos os cargos se designarán suplentes elixidos de acordo coas mesmas normas que os titulares por se se producisen renuncias ou baixas xustificadas.

3.Ningún candidato poderá ser membro da mesa electoral.

4.A mesa electoral no mesmo día da súa constitu­ción establecerá o seu horario de permanencia na sede colexial.

5.As normas electorais serán remitidas a todos os colexiados pola mesa electoral nun prazo de cinco días desde a data da súa constitución.

Artigo 45°.-O censo de electores.

1.día da constitución da mesa electoral, a Xunta de Goberno facilitará a esta a lista de electores para a elección de cargos da Xunta de Goberno.

Nesa lista estarán incorporados aqueles que solici­tasen a colexiación ata a data en que teña lugar a Xunta de Goberno en que o presidente convocou as eleccións.

2.A lista de electores exporase no taboleiro de anuncios e constituirá o censo de votantes. Contra ese censo poderanse interpoñer reclamacións ante a mesa electoral no prazo de 15 días. As reclamacións resolveranse e faranse públicas no taboleiro de anuncios no prazo de cinco días desde a finalización do seu prazo de interposición.

3.Contra as resolucións da mesa electoral pode­ranse interpoñer recursos no prazo de cinco días ante o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Far­macéuticos ou o Consello Autonómico, no caso de existir, que resolverá os devanditos recursos no pra- zo de quince días.

4.De todas as sesións da mesa electoral se levan­tará acta por triplicado exemplar; unha delas remitirase ao Consello Xeral de Colexios ou ao Consello Autonómico, no caso da súa creación.

Artigo 46°.-A presentación e proclamación de can­didaturas.

1.A candidatura xeral para membros de Xunta de Goberno deberá recoller inescusablemente as persoas propostas para os cargos de presidente, vice­presidente, secretario, tesoureiro e vogais de núme­ro.

Os vogais de sección serán obxecto de proposta en candidaturas separadas.

2.A candidatura deberá estar avalada, como míni­mo, polo S por cento dos colexiados ata un límite de cen. Para os vogais de sección a candidatura deberá ir avalada por un mínimo de dous colexiados inscri­tos na correspondente modalidade profesional. Os aspirantes poderán avalarse a si mesmos. Á súa vez, un colexiado poderá avalar máis dunha candidatura. Ningún candidato poderá presentar a súa candidatu­ra a máis dun cargo.

3.Cincuenta días antes da data en que teñan lugar as eleccións, deberán constar en poder da mesa electoral as candidaturas propostas. Serán nulas as candidaturas presentadas fóra de prazo e as que non o fosen en forma e documentación requiridas. As candidaturas presentadas deberán acreditar docu­mentalmente os requisitos exixidos nestes estatutos, ademais da conformidade dos candidatos.

A mesa electoral, en acto público, procederá á pro­clamación das candidaturas presentadas en tempo e forma, ao día seguinte da finalización do prazo de presentación.

4.Se non se presentase ningunha candidatura, a Xunta de Goberno ou, de ser o caso, a comisión xestora, proporá unha para continuar co proceso. No caso de existir unha candidatura única, proclamara­se de forma automática.

5.Tras o acto da proclamación de candidaturas, concederase un prazo de cinco días para as reclama- cións ou substitucións ante a mesa electoral. O acor­do da mesa electoral poderá ser obxecto de recurso, que se interporá no prazo de cinco días ante o Con­sello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, ou ante o Consello Autonómico, no caso da súa crea­ción, que resolverá eses recursos no prazo de quin­ce días. Este recurso esgota a vía administrativa.

6.As candidaturas validamente proclamadas poranse en coñecemento de todos os colexiados, como mínimo mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do colexio, cunha antelación mínima de vinte días naturais ao sinalado para as eleccións.

Artigo 47°.-A votación.

1.Só poderán utilizarse os sobres e as papeletas oficialmente editadas polo colexio, quen llelas remi­tirá aos votantes por orde da mesa electoral.

2.A votación farase en acto público, no ámbito corporativo, e cada candidatura poderá nomear un interventor da súa libre elección entre os colexiados.

3.Serán electores todos os farmacéuticos que consten como colexiados na data da convocatoria de eleccións e figuren na lista de electores.

4.Os electores poderán acudir persoalmente para realizar a votación ou emitir o voto por correo.

Artigo 48°.-O voto por correo.

1.voto por correo efectuarase en sobre pechado remitido por correo certificado ou mensaxaría con xustificante de recepción e dirixido ao presidente da mesa electoral, no domicilio do colexio, coa sinatura do colexiado remitente na lapela do sobre, onde figurará así mesmo de forma lexible o nome, apelidos, domicilio e número de colexiado. Dentro do sobre introducirase unha fotocopia do DNI e os sobres pechados que conteñan as papeletas das votacións. Serán admitidos os votos por correo reci­bidos antes da hora de peche sinalada para a vota­ción.

2.voto persoal anulará en todo caso o voto por correo.

3.No non previsto nestes estatutos para o voto por correo, aplicaranse os criterios contidos na lexislación electoral xeral.

Artigo 49°.-O escrutinio.

1.Concluído o tempo para a votación procederase ao escrutinio. O secretario levantará acta co resulta­do deste, que será subscrito polo presidente, os vogais e os interventores das candidaturas.

2.As actas serán lidas publicamente ante os asis­tentes á elección e proclamando os nomes dos elixidos.

Artigo 50°.-A toma de posesión.

1.No prazo máximo de 30 días naturais a partir de que tivese lugar a elección, os elixidos tomarán posesión dos seus cargos.

2.Efectuada a toma de posesión dos cargos darase traslado para o seu coñecemento á Administración autonómica, aos restantes colexios de farmacéuticos da Comunidade Autónoma, ao Consello Autonómico, no caso de existir, e ao Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos.

O Réxime Orzamentario

Artigo 51°.-O orzamento.

1.A Xunta de Goberno proporá anualmente, por medio do tesoureiro, o orzamento de ingresos e gas­tos e o balance patrimonial, que, cos preceptivos informes, será sometido á aprobación da asemblea xeral.

2.orzamento de ingresos e gastos conterá debi­damente clasificadas as diferentes partidas previstas como ingresos e como gastos, con expresión dos seus correspondentes conceptos.

3.A asemblea xeral poderá facultar a Xunta de Goberno para realizar as transferencias de créditos que puidesen ser necesarios entre as distintas parti­das orzamentarias no caso de que fose necesario.

4.colexio deberá ser auditado cando se produza a renovación ordinaria total ou parcial dos seus órganos.

Artigo 52°.-A presentación das contas.

1.Concluído cada exercicio anual, o tesoureiro presentará o balance de situación, liquidación de contas e orzamento para o seguinte exercicio.

2.Examinadas as contas e a liquidación pola Xun ta de Goberno e aprobadas provisionalmente, someteraas á asemblea xeral para a súa aprobación defi­nitiva.

3.Os colexiados poderán examinar a contabilidade e os correspondentes libros contables desde a convocatoria ata cinco días antes de que teña lugar da asemblea xeral, en presenza dun membro da Xunta de Goberno ou persoa en quen esta delegue.

4.presidente e os membros da Xunta de Goberno poderán percibir unha compensación económica para a substitución da súa actividade profesional cando en cumprimento das súas funcións se vexan obrigados a abandonar a súa actividade profesional.

Artigo 53°.-Os ingresos colexiais.

Os ingresos colexiais procederán:

a)Das cotas colexiais, que poderán ser ordinarias, extraordinarias e derramas, que poderán ter carácter de fixas, variables e proporcionais. Particularmente terán carácter de cotas colexiais as cantidades que poidan aboar os colexiados por facturación e admi­nistración de receitas ao sistema nacional de saúde e outras entidades realizadas polo colexio en cum­primento dos seus fins e funcións.

b)O importe correspondente á realización de informes, ditames, estudos, análises, certificacións e outras prestacións parecidas ou similares.

c)Das cotas que se establezan pola realización de cursos ou utilización de servizos de asesoría, xestoría, laboratorio, etc.

d)Os rendementos de calquera clase que se poidan obter dos bens e dereitos que integran o seu patrimonio.

e)Subvencións oficiais, donativos, herdanzas e legados que o colexio poida recibir.

f)Os ingresos pola venda de toda clase de impre­sos e publicacións.

Artigo 54°.-A especificación de gastos do colexio.

Entre os gastos do colexio estarán detallados nece­sariamente:

a)Os gastos que sexan ocasionados polos membros da Xunta de Goberno como consecuencia do desem­peño das súas funcións, ou por calquera colexiado que se designe como comisionado ou delegado para calquera outra función colexial.

b)Os necesarios para o sostemento de cada unha das comisións externas, no caso de existiren.

c)Os necesarios para cada un dos servizos do colexio.

O Réxime Disciplinario

Artigo 55°.-A responsabilidade disciplinaria.

1.Os colexiados no Colexio Oficial de Farmacéu­ticos da Provincia de Ourense e os colexiados que exerzan no seu ámbito provincial de forma ocasional incorrerán en responsabilidade disciplinaria nos supostos e circunstancias establecidos nestes esta­tutos.

2.No caso das sociedades profesionais deberá ter­se en conta o seguinte:

a)exercicio da potestade disciplinaria non se verá obstaculizado cando o colexiado sexa unha sociedade profesional. Sen prexuízo da responsabili­dade da persoa física que cometese algunha infrac­ción disciplinaria no exercicio da súa actividade, a sociedade profesional tamén poderá ser sancionada cando cometa algunha infracción.

b)Con independencia de que sexan ou non socios, as persoas físicas colexiadas que se integren nunha sociedade profesional ou colaboren con ela seguirán suxeitos á responsabilidade disciplinaria que lles puidese corresponder como tales persoas físicas.

3.A responsabilidade disciplinaria derivada do exercicio de actos ou actuacións profesionais por unha sociedade que non estea debidamente constituída e inscrita no rexistro do colexio, será imputa­ble, con carácter solidario, aos socios que estean colexiados neste Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense.

4.O réxime disciplinario establecido nestes esta­tutos enténdese sen prexuízo das responsabilidades de calquera outra orde en que os colexiados puidesen incorrer.

5.A potestade sancionadora correspóndelle á Xunta de Goberno. Non obstante, o axuizamento e sanción das faltas cometidas polos membros da Xun­ta de Goberno será competencia do Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos ou do Consello Auto­nómico, no caso da súa creación.

6.Só poderán impoñerse sancións disciplinarias en virtude de expediente instruído para o efecto, de acordo co procedemento establecido neste título e co disposto na lexislación vixente.

7.A Xunta de Goberno poderá proceder á creación dunha comisión deontolóxica, constituída por colexiados, que será a encargada de velar polo cumprimento da deontoloxía profesional, así como de realizar aqueloutras funcións que lle sexan delegadas pola Xunta de Goberno dentro do ámbito deontolóxico.

Esa comisión terá a misión de elaborar un código deontolóxico que deberá ser aprobado pola asamblea xeral.

Artigo 56°.-As infraccións.

As infraccións clasifícanse en:

a)Faltas leves.

b)Faltas graves.

c)Faltas moi graves.

Artigo 57°.-As faltas leves.

Terán carácter de faltas leves as seguintes accións ou omisións:

a)incumprimento das normas establecidas nes­tes estatutos ou as que dimanasen dos acordos que, axustados ao dereito, tomase a asemblea xeral, sem­pre que de tal incumprimento non derive prexuízo ou menoscabo para o interese xeral.

b)atraso en satisfacer as cotas ou cantidades debidas ao colexio por calquera concepto.

c)A neglixencia no cumprimento das funcións que leve anexas calquera cargo dos órganos de goberno ou misión que se encomendase a un colexiado sem­pre que de tal incumprimento non derive prexuízo ou menoscabo para o interese de colexio.

d)A neglixencia en comunicar ao colexio calque­ra variación de tipo administrativo que puidese pro­ducirse na situación profesional do colexiado.

e)Non lle notificar ao colexio as infraccións destes estatutos das cales un colexiado tivese coñecemento, cando redunden en prexuízo do interese moral ou profesional para o colectivo farmacéutico.

f)A falta de contestación ante a solicitude perso­nalizada e documentada de datos de tipo profesional formulada pola Xunta de Goberno.

g)Actos probados de desconsideración manifesta aos compañeiros no exercicio da actividade profe­sional.

h)A infracción do réxime de horarios, así como o deber de información ao público das quendas de urxencia na oficina de farmacia.

i)As infraccións en materia de publicidade previs­tas nestes estatutos e que deban ser vixiadas polo colexio.

j)Non contar no establecemento sanitario a cargo do colexiado coas instalacións útiles ou existencias mínimas establecidas nas leis vixentes.

k)A non inscrición das sociedades profesionais no rexistro do colexio.

Artigo 58°.-As faltas graves.

Terán carácter de faltas graves as seguintes accións ou omisións:

a)A incidencia ou reiteración de faltas leves pro­ducidas no prazo dun ano, a partir da data en que a sanción adquiriu firmeza.

b)previsto no artigo 57°, letras a) e c), cando cause prexuízo a terceiros ou desprestixio á profe­sión.

c)A violación do segredo profesional, cando non ocasione grave prexuízo ou dano material á persoa a quen o segredo violado afecte.

d)Amparar ou encubrir o exercicio ilegal da pro­fesión, en calquera das súas modalidades, incluído o exercicio da actividade de oficina de farmacia por unha sociedade profesional.

e)Promover toda actividade, pacto ou convenio encamiñado a impedir o lexítimo dereito dos parti­culares ou entidades para elixir con plena liberdade o servizo do profesional farmacéutico.

f)A propaganda, anuncio ou calquera tipo de publicidade en xornais, revistas, medios de comuni­cación electrónicos ou outro medio que ocasione desprestixio á profesión ou que viole a normativa en materia de publicidade enganosa, competencia des­leal ou calquera outro tipo de publicidade prohibida pola normativa legal vixente, así como a venda de medicamentos a través deles.

g)Ausentarse da actividade profesional por tempo superior ao que determine a lexislación sen formali­zar os requisitos legais e regulamentarios.

h)Desatender os requirimentos do colexio para o pagamento de cotas e similares.

i)Falta de prestación do servizo de urxencia polas oficinas de farmacia nos termos reglamentariamen­te establecidos.

j)A obstrución voluntaria do normal desenvolvemento da asemblea xeral.

k)A captación de receitas fóra da oficina de far­macia e calquera acto ou omisión encamiñado a coartar a liberdade do usuario na elección de ofici­na de farmacia.

l)A dispensación de medicamentos en establece- mentos distintos dos autorizados legalmente para iso, así como calquera tipo de venda indirecta, ven­da de medicamentos a domicilio, por mensaxaría ou por medio de venda ambulante.

m)Efectuar descontos nos prezos das especialida­des farmacéuticas, tanto de uso humano como ani­mal, así como de fórmulas maxistrais e preparados de oficina, sen prexuízo da lexislación vixente.

n)Non acatar os acordos dos órganos de goberno do colexio, cando o seu incumprimento represente prexuízo moral ou material para a colectividade.

Artigo 59°.-As faltas moi graves.

Terán carácter de faltas moi graves as seguintes accións ou omisións:

a)A reincidencia ou reiteración de faltas graves.

b)A preparación de remedios secretos, así como a ocultación de principios activos.

c)A violación do segredo profesional cando oca­sione grave prexuízo ou dano material ou moral a terceiros.

d)A neglixencia no exercicio profesional, cando concorra a existencia de danos graves, probada aquela e demostrados estes en sentenza xudicial fir­me.

e)Facer uso da profesión para a comisión de deli­tos ou faltas comúns.

f)Amparar ou encubrir, co propio título profesio­nal, o exercicio ilegal da profesión, en calquera das súas modalidades, incluído o exercicio da activida­de de oficina de farmacia por unha sociedade profe­sional.

g)A comisión de calquera falta tipificada como grave no artigo 58°, cando o autor dos feitos fose membro da Xunta de Goberno do colexio.

h)Denunciar feitos falsos con mala fe demostrada.

i)A dispensación de substancias e produtos sus­ceptibles de producir dopaxe no ámbito da actividade deportiva que propicien a utilización de métodos non regulamentarios ou prohibidos no deporte, sen cumprir coas formalidades regulamentarias prescri­tas para iso.

Artigo 60°.-As sancións.

1.As sancións aplicables aos autores das faltas serán as seguintes:

a)Nos supostos de faltas leves:

-Amoestación privada ou pública.

-Apercibimento por escrito.

-Sanción económica ata 600 euros.

b)Nos supostos de faltas graves:

-Sanción económica entre 601 euros e 3.000 euros.

-Suspensión do exercicio profesional por tempo non superior a seis meses.

c)Nos supostos de faltas moi graves:

-Sanción económica entre 3.001 euros e 15.000 euros.

-Suspensión do exercicio profesional desde seis meses ata dous anos.

-Expulsión do colexio.

2.A imposición dunha sanción de suspensión do exercicio profesional ou expulsión levará aparellada a proposta de peche ante os organismos competentes do establecemento de que sexa titular o sancionado, polo tempo sinalado na sanción, ou a obriga de nomear un substituto naqueles casos en que por lei o establecemento non poida permanecer pechado.

3.En canto á aplicación das sancións económicas, farase a súa actualización anualmente, de acordo co índice de prezos de consumo xeral ou índice que, de ser o caso, poida substituílo.

4.Na aplicación das sancións, os instrutores esta­rán vinculados por canto queda previsto nos núme­ros anteriores. En atención á natureza da falta come­tida, os antecedentes do expedientado, as circuns­tancias de toda orde modificadoras da responsabili­dade, a repercusión do feito, os prexuízos ocasionados a terceiros, a outros colexiados ou á profesión e calquera outra razón, o instrutor poderá proponer a sanción que considere máis axustada entre as previstas para calquera tipo de falta, baseándose no principio de proporcionalidade.

5.As sancións non se imporán necesariamente pola orde en que aparecen relacionadas no número primeiro deste artigo.

Artigo 61°.-A execución ou suspensión das sancións.

1.Unha vez que sexan firmes en vía administrati­va, as sancións serán executables pola Xunta de Goberno, nos termos que se sinalen na resolución.

2.A suspensión do exercicio profesional suporá o cesamento en toda modalidade deste durante o tem­po da suspensión, o que se executará, se iso é preci­so, mediante o auxilio da autoridade administrativa. No suposto de que a sanción de suspensión de exer­cicio profesional recaia nun copropietario de oficina de farmacia, este verase obrigado a nomear substitu­to polo tempo de suspensión.

3.A expulsión do colexio executarase dando de baixa o sancionado e comunicándollelo a todos os colexiados e autoridades sanitarias, para os efectos oportunos.

Transcorridos catro anos desde a data efectiva da expulsión do colexio, o sancionado poderá solicitar a rehabilitación e a súa nova colexiación.

4.O cobramento das sancións farase efectivo mediante requirimento ao sancionado ou concedéndoo no prazo de trinta días para ingresar o seu importe na caixa do colexio ou conta bancaria desig­nada para o efecto. Transcorrido o devandito prazo, o presidente do colexio, logo de acordo da Xunta de Goberno, instará ao procedemento xudicial corres­pondente para obter o pagamento do debido.

En todo caso, o importe da sanción poderá ser deducido do pagamento que por calquera concepto teña que percibir do colexio.

Artigo 62°.-A prescrición das infraccións e as san­cións.

1.As faltas prescribirán nos seguintes prazos, conta­dos a partir da data en que se cometese o feito sancionable sen que se iniciase o expediente disciplinario:

a)As faltas leves ao ano.

b)As faltas graves aos dous anos.

c)As faltas moi graves aos tres anos.

2.inicio do expediente interromperá en todo caso a prescrición.

3.As sancións prescribirán nos seguintes prazos:

a)No caso de faltas leves ao ano.

b)No caso de faltas graves aos dous anos.

c)No caso de faltas moi graves aos tres anos.

O prazo de prescrición da súa sanción por falta de execución comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que o órgano competente comunique ao colexio competente o carácter firme da resolución sancionadora.

O prazo de prescrición da sanción, cando o sancio­nado quebrante o seu cumprimento, comezará a con­tar desde a data do quebrantamento.

Artigo 63°.-O procedemento sancionador.

1.Terán funcións sancionadoras no ámbito da súa respectiva competencia:

a)A Xunta de Goberno.

b)Consello Xeral de Colexios Oficiais de Far­macéuticos ou Consello Autonómico, no caso da súa creación.

2.A competencia de instrutor alcanzará:

a)A instrución dos expedientes para os que fose nomeado.

b)Propoñer as sancións que, ao seu xuízo, corres­pondan.

3.A Xunta de Goberno constituída en órgano dis­ciplinario terá competencia:

a)Para promover a instrución e vixiar a correcta tramitación dos expedientes.

b)Para resolver o expediente.

c)Para executar as sancións impostas.

4.O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Far­macéuticos, ou o Consello Autonómico, de ser o caso, terá competencias para instruír expedientes e xulgar as faltas da Xunta de Goberno ou de calque­ra dos seus membros.

5.propio acordo de apertura do expediente dis­ciplinario designará o instrutor e o secretario, tanto se estivesen nomeados con carácter xeral coma se o fosen con carácter especial. A Xunta de Goberno, de ser o caso, poderá substituír o instrutor e secretario, así como eventualmente designar uns novos, o que se lle notificará ao colexiado suxeito a expediente, así como aos designados para ocupar os devanditos cargos.

6.Como órgano disciplinario, a Xunta de Goberno terá a mesma composición que como órgano de goberno, salvo abstencións ou recusacións de acordo co dereito.

7.Os instrutores e secretarios serán designados pola Xunta de Goberno, entre os seus membros, para cada expediente. A renuncia soamente poderá facer­se por causa xustificada.

8.Todo instrutor poderá ser substituído por outro por acordo da Xunta de Goberno se incumprise as normas de procedemento, os prazos do expediente ou por calquera outra causa xustificada.

9.A Xunta de Goberno, como medida preventiva, poderá decidir as medidas provisionais que conside­re oportunas para asegurar a eficacia da resolución que se puidese ditar, se existisen elementos de xuízo suficientes para iso. Non se poderán tomar medi­das provisionais que poidan causar danos irrepara­bles aos interesados, ou ben que impliquen a viola­ción de dereitos amparados polas leis.

10.Serán de aplicación ao instrutor e ao secretario as normas relativas á abstención e recusación dos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra­tivo común.

11.O instrutor ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos e, en particular, de cantas probas poidan conducir ao esclarecemento e á deter­minación das responsabilidades susceptibles de sanción. Á vista das actuacións practicadas, o instrutor formulará o correspondente prego de cargos.

12.prego de cargos deberá redactarse de modo cla­ro e preciso, comprenderá os feitos imputados ao incul­pado en parágrafos separados e numerados por cada un deles e expresará, de ser o caso, a falta presunta come­tida e as sancións que puidesen serlle de aplicación, con referencia aos preceptos destes estatutos.

13.prego de cargos notificaráselle ao inculpado, e concederáselle un prazo non inferior a dez días, nin superior a quince, para que poida contestalo coas alegacións que considere pertinentes e a achega de documentos que considere de interese. Así mesmo, o inculpado poderá solicitar a realización, na súa contestación, de calquera medio de proba admisible en dereito que crea necesario.

14.instrutor disporá do prazo dun mes para a práctica das probas que estime pertinentes, sexan ou non as propostas, con notificación ao inculpado do lugar, data e hora para a práctica destas, co fin de que poida intervir.

15.instrutor poderá denegar unicamente a admisión e práctica das probas que considere inne­cesarias ou improcedentes, en resolución motivada contra a que non se poderá recorrer, sen prexuízo das alegacións que ao respecto procedan nas actuacións e recursos ulteriores.

16.Nos casos en que, por petición do interesado, deban efectuarse probas en que a súa realización implique gastos que non deba soportar o colexio, este poderá exixir o seu anticipo, para reserva da liquida­ción definitiva, unha vez practicada a proba. A liquidación dos gastos practicarase unindo os comproban­tes que acrediten a súa realidade e contía.

17.Transcorridas as actuacións, o instrutor, dentro dos dez días seguintes, formulará proposta de reso­lución en que se fixarán con precisión os feitos, motivará, de ser o caso, a denegación de probas, fará a valoración daqueles para determinar a falta que considere cometida e precisará a responsabilidade do inculpado, así como a sanción por impoñer.

18.A proposta de resolución notificaráselle ao inculpado para que no prazo de dez días, con vista do expediente, poida alegar ante o instrutor canto considere conveniente na súa defensa.

19.instrutor, oído o inculpado ou transcorrido o prazo sen alegación ningunha, remitirá o expediente completo á Xunta de Goberno, co seu informe.

20.A Xunta de Goberno resolverá o expediente na primeira sesión que convoque tras a recepción do expediente.

Non obstante, a Xunta de Goberno poderá, antes de adoptar a súa resolución, ordenarlle ao instrutor a realización daqueles trámites que por omisión non se levasen a cabo e resulten imprescindibles para a adopción do acordo de resolución definitivo. Desas aclaracións daráselle traslado ao inculpado para que alegue o que considere conveniente nun prazo improrrogable de dez días.

21.A resolución da Xunta de Goberno que poña fin ao expediente disciplinario deberá ser motivada, resolverá todas as cuestións suscitadas no expedien­te e non poderá afectar feitos distintos dos que serviron de base ao prego de cargos e á proposta de resolución, sen prexuízo da súa distinta valoración. Na adopción do acordo non intervirán os actuantes na fase instrutora do expediente, en calidade de ins­trutor ou secretario.

22.acordo deberá ser tomado pola Xunta de Goberno mediante votación secreta e con conformi dade das dúas terceiras partes dos membros presen­tes.

No cómputo do quórum non se terán en conta os membros da Xunta de Goberno que non poidan intervir na adopción do acordo.

23.A resolución que se dite deberá ser notificada ao inculpado e, de ser o caso, ao denunciante dos feitos, con expresión dos recursos que contra esta se poidan interpoñer, órgano ante o que deberán pre­sentarse e prazos para a súa interposición.

No non previsto nos números anteriores, observarase o establecido no Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, Decreto 1398/1995, do 4 de agosto.

Artigo 64°.-Os recursos en materia disciplinaria.

1.Contra a resolución que poña fin ao expediente, o interesado poderá, no prazo dun mes, interpoñer recurso de alzada ante o Consello Autonómico de Colexios Farmacéuticos, no caso da súa creación, ou, de non existir, ante o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos. Se o recurso fose presen­tado no colexio, este, dentro dos dez días seguintes, remitirallo en unión do expediente instruído e do informe, ao Consello Xeral de Colexios de Farma­céuticos, ou Consello Autonómico. Sen prexuízo diso caberá interpoñer recurso de alzada ante a Con sellería de Sanidade nas materias en que esa consellería sexa competente.

2.As sancións disciplinarias, unha vez que sexan firmes en vía administrativa, serán executadas pola Xunta de Goberno nos propios termos da resolución que acorde a súa imposición. Non obstante, a Xunta de Goberno do colexio poderá acordar, de oficio ou por instancia de parte, cando se acredite a interpo­sición pertinente do recurso contencioso-administrativo, a suspensión da execución en canto se subs­tancie, sen prexuízo do dereito do interesado a soli­citar tal suspensión no ámbito do propio recurso contencioso-administrativo. En todo caso, cando a sanción consista na suspensión no exercicio profe­sional, a execución quedará en suspenso ata que a sanción resulte definitivamente firme.

3.As sancións que impliquen suspensión no exer­cicio da profesión dun colexio terán efecto no ámbi­to de todos os colexios oficiais de farmacéuticos de España, de forma que deberán ser comunicadas ao Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos para que este o traslade aos demais colexios e ás autori­dades sanitarias.

Dos Premios e Distincións

Artigo 65°.-As accións de fomento.

O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense poderá outorgar premios e distincións aos colexiados ou terceiras persoas que se distinguisen no exercicio da súa actividade profesional ou dentro do ámbito farmacéutico. Estes premios e distincións recolleranse no correspondente regulamento de réxime interno do colexio.

O Réxime Xurídico dos actos do Colexio e a modificación dos Estatutos

Artigo 66°.-O dereito aplicable aos actos e acordos do colexio.

1.Os actos e acordos dos órganos do Colexio Ofi­cial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense esta­rán sometidos ao dereito administrativo.

2.As cuestións de carácter civil ou penal e aquelas que se refiran ás relacións co persoal dependen­te do colexio, atribuiranse respectivamente á xurisdición civil, penal ou laboral.

3.Contra as resolucións dos órganos de goberno e actos de trámite que determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión poderá o interesado, no prazo dun mes, interpoñer recurso de alzada ante o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, ou Consello Autonómico, no caso da súa creación. Se o recurso fose presentado no colexio, este, dentro dos dez días seguintes, remitirallo en unión do expediente instruído e do informe ao Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos, ou Consello Autonómico, no caso da súa crea­ción. Sen prexuízo diso caberá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Sanidade nas materias en que esa consellería sexa competente.

Artigo 67°.-A modificación dos estatutos.

Por proposta da Xunta de Goberno ou dunha cuar­ta parte dos colexiados, poderá procederse á modifi­cación destes estatutos, o que exixirá acordo da asemblea xeral. En todo caso para proceder á modi­ficación, terán que cumprirse os seguintes trámites:

1.Información pública a todos os colexiados das modificacións propostas, cunha antelación mínima de dous meses, dando un mes para presentar alegacións.

2.Acordo da asemblea xeral convocada para estudar as modificacións que fosen propostas. Para a aprobación requirirase o voto favorable de dous terzos dos asistentes.

A Extinción do Colexio

Artigo 68°.-A disolución do colexio e a súa liquidación.

1.A disolución do Colexio Oficial de Farmacéuti­cos da Provincia de Ourense realizarase de acordo co disposto na vixente Lei 2/1974, do 3 de febreiro, de colexios profesionais.

2.Serán causas de disolución e liquidación as seguintes:

a)A imposibilidade manifesta de procurar os fins do colexio fixados nestes estatutos.

b)A paralización definitiva dos órganos de gober- no do colexio de forma que resulte imposible o seu funcionamento e reposición.

c)A fusión con outro ou outros colexios da mesma profesión, cando así o acorden as tres cuartas partes dos colexiados en asemblea xeral extraordinaria convo­cada para o efecto. O acordo trasladaráselle á Xunta de Galicia para a súa tramitación conforme dereito.

3.procedemento de disolución do colexio abrirá o período de liquidación. Seguindo o disposto na Lei 2/1974, do 3 de febreiro, de colexios profesio­nais, o decreto que aprobe a disolución do colexio establecerá a liquidación do seu patrimonio, dereitos e obrigas, e fixará o destino do remanente, se existise, de acordo co que decida a asemblea xeral.